Menu Xerais

María Reimóndez gaña o I Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade

María Reimóndez foi a autora galardonada co I Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade, convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Edicións Xerais de Galicia coa obra titulada Cobiza, unha novela distópica do xénero de ciencia ficción da que o xurado destacou “a súa altísima calidade literaria e a novidosa e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e xénero, as identidades e as orientacións sexuais, así como unha fonda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro no noso planeta despois da crise mundial da COVID 19.”.

O xurado reuniuse o pasado luns 22 en Pontevedra e estaba formado por Ada Otero Huertas, en representación da Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Pontevedra, Ana Ojea Alonso (docente e coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia), Anxos Rial Vidal (docente do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e coordinadora de Clubs de Lectura xuvenís) e a escritora e coordinadora de Pinto e Maragota Eva Mejuto. Ademais de votar por maioría a obra presentada baixo o título de “Cobiza” quixo destacar a alta calidade das obras do certame, un total de 24 traballos de poesía, narrativa adulta e infanto-xuvenil e teatro. O xurado quixo resaltar, así mesmo, a calidade e interese de dúas obras: o poemario que se presentou co título de Contra natura e a obra xuvenil As sentinelas do silencio.

Pinto e Maragota é o primeiro certame literario galego que se centra no ámbito LGTBIQ.

A noticia foi recollida polos seguintes medios de comunicación:

Comentarios pechados