Menu Xerais

Marilar Aleixandre, «Letra E» da AELG, entrevista en «Galicia hoxe»

Marilar Aleixandre é entrevistada por Galicia hoxe con motivo dos actos de homenaxe «A escritora na súa terra» do sábado, 5 de xuño, en Compostela, no que recibirá a «Letra E» da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

A homenaxe A Escritora na súa Terra, comezará ás 11:45 horas na Avenida de Barcelona, en Compostela, coa plantación dun abruñeiro e o descubrimento dun monólito conmemorativo, un acto no que intervirán o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, a secretaria xeral da asociación, Mercedes Queixas e o alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo. A partir das 13:00 horas, o Salón Nobre do Pazo de Raxoi acollerá a entrega da “Letra E” -unha peza escultórica do artista Silverio Rivas- a Marilar Aleixandre, sobre a que Ana Romaní lerá unha laudatio. A homenaxe rematará ás 14:30 horas no restaurante do hotel Palacio del Carmen cun xantar de confraternidade.

Comentarios pechados