Menu Xerais

Mario Regueira escolle «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, como un dos tres mellores libros do ano

O escritor e crítico Mario Regueira elixiu  Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo entre os tres mellores libros do ano 2015.

 

Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo 

Non só a que considero a mellor novela deste ano, senón tamén unha das máis destacadas do último lustro da literatura galega. Cunha ambientación viguesa que supera a vigo-exploitation que comeza a campar nas nosas letras e rescata as verdadeiras entrañas da cidade, a súa memoria obreira e combatente, a súas historias privadas, ás veces tan importantes como esa historia colectiva, ou polo menos así consegue o autor que as vexamos. Unha obra cun inicio espectacular e un ritmo absolutamente envexábel que consegue mergullarnos nunha historia na que o paso das guerras e da represión franquista enmascara un pasado familiar que iremos descubrindo pouco a pouco.

Comentarios pechados