«Non hai noite tan longa» e «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», mellores libros de ficción e non ficción de 2011 para os usuarios de Redelibros
Os usuarios/as de Redelibros, a rede social galega do libro, votaron nestes últimos días para elixir os mellores libros e iniciativas deste 2011. Logo dunha primeira selección das obras finalistas e un período para votar entre as candidaturas, a rede social fixo públicos os gañadores.
Tanto o mellor libro de ficción e como o mellor libro de non ficción deste 2011 son de Xerais.
Mellor obra literaria en galego:
Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz
Obra non literaria en galego:
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos,de Carlos Callón
Ademais, os usuarios e usuarias de Redelibros elixiron tamén ao crítico Armando Requeixo, Urco editora, Meubook, Culturgal, a revista Retranca ou o ilustrador Iván
Valladares, que resultaron gañadores noutras categorías.
Desde Xerais querémoslles dar os nosos parabéns aos usuarios e usuarias de Redelibros e aos seus promotores.
Comentarios pechados