Menu Xerais

Nova directiva da AGE

A Asociación Galega de Editores renovou na asemblea ordinaria, celebrada o pasado martes, a súa xunta directiva para os dous vindeiros anos. Á fronte da entidade profesional dos editores galegos continuará como presidente Alfonso García Sanmartín, director de Rodeira-Edebé. O equipo directivo quedou tamén configurado polo vicepresidente, Francisco Alonso (Edicións Xerais de Galicia); a secretaria, Ana Guerra Cañizo (Edicións Obradoiro); a tesoureira, Pilar Sampil (Editorial Galaxia) e cinco vogais: Francisco Villegas (Edicións do Cumio), Irene Penas (Everest Galicia), Antonio Balboa (Edicións Lóstrego), Consuelo Carreira (Sotelo Blanco Edicións) e Tucho Calvo (La Voz de Galicia), en representación dos membros adheridos. Xerais expresa o seu apoio e compromiso cos proxectos deste novo equipo directivo da AGE que  nos dous deberá enfrontar importantes retos para a consolidación do noso sector profesional.

Comentarios pechados