Menu Xerais

Novela fantástica, espléndida: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.

 

(…) E outra novela fantástica, espléndida, que debe ler calquera lector ávido da nosa historia, e máis dese personaxe fulcral dentro da mesma: Xelmírez. A galera de Xelmírez é unha pequena alfaia que nos regala un dos narradores galegos polos que sinto maior aprezo. Nunca fallou. Lembro aquella crónica titulada Follas de bacallau e regreso a ela con frecuencia: quizá un dos libros que mellor relata a intrahistoria do mar galego. Aquí, en A galera de Xelmírez, Xabier Paz fálanos dunha viaxe e da construción dunha nao. Os protagonistas percorren o camiño, o camiño noso, e a viaxe transfórmase en absolutamente iniciática e definitiva para as súas vidas. É unha novela de sorpresas, pero non de trucos. Unha novela escrita coa mestría dun autor esencial, velaquí o título desta columna. Non deixen de lela porque encontrarán unha morea de personaxes interesatísimos, propios dos feirantes de Cunqueiro, ou dos señores que debuxou Otero Pedrayo. A presentación da novela por parte da editorial acaba dicindo: «Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa». Nunca puiden estar máis de acordo. Literatura esencial, pura.

Xosé Carlos Caneiro

Comentarios pechados