Menu Xerais

Novidade: «A realidade», de Manuel Darriba: Unha sinfonía en apariencia demencial para narrar unha historia que transcorre baixo o ruído e a furia

A realidade, de Manuel Darriba, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura.

A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras.

Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba compón en «A realidade» unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir.

Comentarios pechados