Menu Xerais

Novidade: «A tropa contra o virus», de Alberto Avendaño. Unha fermosa historia de amor e esperanza na que un grupo de personaxes se unen á doutora Peralta para derrotar ao coronavirus

A tropa contra o virus, de Alberto Avendaño, con ilustracións de Gogue, é unha novidade da colección Camaleón de Xerais.

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus.

A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19.

Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade.

Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.

Comentarios pechados