Menu Xerais

Novidade: «Antía e Daren», de Valentín Albite. Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor

Antía e Daren, de Valentín Albite, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. O libro gañou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2019.

O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso.

O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados?

Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.

Comentarios pechados