Menu Xerais

Novidade: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López: Minia entabla unha fermosa amizade con Bastián, un home que todos os días lles dá de comer ás pombas da rúa

As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.

Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir. Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermosa amizade.

Comentarios pechados