Menu Xerais

Novidade: «Cadencias», de Manuel Portas. O bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor

Cadencias, de Manuel Portas, é unha novidade da colección Milmanda de Xerais.

Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor.

A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os protagonistas de “Cadencias” non son unha excepción.

Nunha Barcelona de trazos tenues, tres personaxes, ela, el e Elisa, percorren a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade.

“Cadencias” é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.

Comentarios pechados