Menu Xerais

Novidade: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas

Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas, é unha novidade da colección Crónica.

Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas. Unhas doutro tempo, dun tempo que se nos foi, e outras arrincadas deste ir e vir dos nosos días, poñamos por caso a bomba atómica lanzada polo aviador Kirk, o teatro galego en Buenos Aires, as secuelas da invasión a Iraq, a mitificación do Che, o pirata namorado, o museo dedicado a Chaplin, Seoane en Arca do Pino, Castelao poeta, o muro de Tijuana, o monumento do camiñante, a arte de traducir, as viaxes á lúa, así como os nomes propios de Rosalía de Castro, Mario Benedetti, Herminio Barreiro, Amílcar Cabral, José Antonio Labordeta, Emilio Pita, Mercedes Sosa, Juan Gelman… E moitos máis. A Cancela aberta é un vieiro que nos leva a lugares, persoas e feitos recreados ou descoñecidos, sempre novidosos.

Comentarios pechados