Menu Xerais

Novidade: «Marosa e Mariña camiñan a Compostela», de Iago López e Macus Romero: A osa Marosa e a toupiña Mariña fan o camiño a Compostela para arranxar a corda do botafumeiro

Marosa e Mariña camiñan a Compostela, de Iago López, con ilustracións de Macus Romero, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.

Na Catedral de Santiago levaron un desgusto enorme: o botafumeiro caeu ao chan. A osa Marosa e a toupiña Mariña son as únicas que saben arranxar a corda que suxeitaba o enorme incensario. As dúas amigas prepáranse para facer o camiño a Compostela e así axudar a que a catedral estea lista para recibir as agardadas visitas.

Comentarios pechados