Menu Xerais

Novidade: «Mary Quintero Retratista desde os 15 anos». Setenta anos de profesión dunha fotógrafa pioneira

O libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, escrito po  Mary Quintero  e  Fernanda Padín é unha novidade de Xerais para este outono.

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc. Ao finalizar, móstrase unha pequena selección da súa pintura, coñecemento indispensable do seu percorrido profesional, onde segue usando a imaxe fotográfica como base.

Comentarios pechados