Menu Xerais

Novidade: «Todas as vidas», de Xosé Ramón Pena. Os relatos dun monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo

Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.

Todas as vidas recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira.

Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor.

Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.

Comentarios pechados