Menu Xerais

Novidade: «Vento e chuvia», de Manuel Gago, en edición de campo

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo, en edición de campo e reeditado na colección LibroX, é unha das novidades desta tempada.

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.

 

Comentarios pechados