Menu Xerais

Novidade: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Unha historia de espías, nazis e maquis no contexto da Segunda Guerra Mundial co volframio como protagonista

Wolfram. Espías, nazis e maquis, de Alberto Varela Ferreiro, é unha novidade da colección Cómics de Xerais.

1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta.

W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do Terceiro Reich.

Na viaxe coñece a Molly Morrison, unha intrépida axente norteamericana coa que vivirá moitas aventuras…

Comentarios pechados