O domingo de Xerais no Culturgal
Tras o éxito rotundo dos actos organizados onte sábado en Culturgal, Xerais preparou para esta derradeira xornada do Culturgal 20011 o seguinte programa de actos:
Domingo 4
- 12:00 h.: Conversa con Jacobo Fdez Serrano sobre a novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro e Mil cousas poden pasar I e II. No Salón. Entrevistado por Xesús Fraga.
- 13:15 h.: : Conversa con María Xosé Queizán sobre a novela Meu pai vaite matar. No Salón. Entrevistada por Xesús Fraga.
- 14:00 h.: Presentación da novela Poñente, de Pere Tobaruela. No salón. Intervén Francisco Cidrás (profesor de Filoloxía Galega da USC)
- 16:30 h.: Presentación de Ninguén, de Fran Alonso. No Salón. Conversa coa xornalista Belén López.
- 18:00 h.: No Salón: Conversa con Emilio Alonso sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, con Víctor de las Heras, sobre Vigo. A explosión dos ‘80 e algúns músicos da movida viguesa: Antonio Amblés (Sucursal Urbana / Los Cafres), Antonio Rosales (Sucursal Urbana / Los Cafres) e Agustín Moreiras (Caja B) , entrevistados por Teresa Cuíñas.
- 18:30 h.: Fran Alonso e Xurxo Souto con O meu gato é un poeta. No Cuarto dos Nenos. Participan: Xurxo Souto e Fran Alonso
- 19:00 h.: Conversa con Carlos Callón sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.No Salón. Entrevistado por Teresa Cuíñas.
AO REMATE DE CADA ACTO, OS AUTORES E AUTORAS ASINARÁN EXEMPLARES DAS SÚAS OBRAS NO STAND DE XERAIS
Comentarios pechados