Menu Xerais

O English PEN premia a tradución do galego ao inglés de «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

O xornal dixital Galicia Confidencial publica a noticia do premio que recibiu a tradución ao inglés, de Craig Patterson, da novela A veiga é coma un tempo distinto de Eva Moreda.

 

O English PEN premia a tradución do galego ao inglés dunha obra de Eva Moreda

Trátase de «Home is Like a Different Time», traducida do galego por Craig Patterson e cuxa obra orixinal foi publicada por Xerais.

O English PEN, a través da súa sección de Traducións, vén de premiar libros de 15 países traducidos á lingua inglesa pola súa “calidade literaria sobresaínte, forza do proxecto editorial e contribución á diversidade literariano Reino Unido”. Entre as obras premiadas atópase Home is Like a Different Time, de Eva Moreda, traducida do galego por Craig Patterson (Francis Boutle, 2018). Trátase da versión inglesa de A veiga é como un tempo distinto (Xerais, 2015).

Segundo o English PEN, entre as obras premiadas están “a primeira novela de Mauritania traducida ao inglés e novelas traducidas de linguas europeas minoritarias e menos traducidas como occitano, galego e albanés, cun número igual de autores masculinos e femininos seleccionados”.

Ros Schwartz, co-presidente do panel de premios, manifestou que os editores estanse volvendo “cada vez máis aventureiros” nas súas eleccións, e salientou que, “curiosamente, unha serie de proxectos están dirixidos por tradutores, o que subliña o papel activo que estes poden desempeñar para levar os libros á atención dos editores “

Os premiados recibirán axudas específicas para asumir o custo da tradución.

O English PEN é o centro fundador do Pen Club Internacional, que engloba a escritores de todo o mundo con 145 centros en máis de 100 países.

Comentarios pechados