O escritor Francisco Coimbra estará o xoves 29 na Casa da Lectura de Gondomar con «Crónica Córnica»

O escritor Francisco Coimbra estará próximo o xoves 29 de xuño na Casa da Lectura, en Gondomar, coa súa novela Crónica Córnica, participando no Club de Lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura.
A novela «Crónica Córnica», última proposta da tempada no Sete Vidas que contará coa visita do autor
A sesión de xuño do club de lectura Sete Vidas non será o primeiro xoves de mes, como é adoito, senón o día 29 de xuño, na Casa da Lectura, a partir das 20:00 h. A razón deste cambio é poder contar coa presenza do autor na sesión coa despedimos esta tempada.Francisco Coimbra, nado en Madrid e galego por adopción, pasou varias tempadas en Compostela e Ourense durante os anos que estudou Filoloxía Románica. Nestes momentos traballa no Brasil como profesor no Departamento de Linguas Estranxeiras Modernas na Universidade Federal do Paraná.A súa obra Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais 2016, é unha novela sobre a identidade e a represión lingüística, sorprendente e orixinal, que manifesta moito amor polas palabras e as linguas en cada páxina, protagonizada por un personaxe colectivo e contada con doses de humor e moita retranca.Como adianto vai unha interesante entrevista en Praza Pública: http://praza.gal/cultura/13232/francisco-coimbra-calquera-que-cuestione-a-orde-estabelecida-recibira-o-apelativo-de-terrorista-coma-malcolm-x-ou-mandela/
Comentarios pechados