Menu Xerais

O libro-CD «A caza do Ghazafello», recomendado no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación crítica sobre o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado.

 

 

Buscando materiais para outras historias”, cheguei a este libro que repousaba nos meus andeis agardando a oportunidade de sorprenderme. Abofé que o conseguiu! Acadaouno de tal xeito que me encantou! Cun título tan ben escollido, publicado por Xerais, A caza do ghazafello, o escritor Denis M., o músico Marcos Paino e a ilustradora Sara Lópezconseguen un libro-disco espléndido con aventuras extraordinarias e fantásticos mundos salferidos por humorísticos tintes que afastan a aqueles que puidesen pensar que estamos ante un libro máis de aventuras para xente nova.

Pero destaca sobre todo o CD que acompaña o libro, que se pode escoitar cando o narrador nolo pide, no medio da narración, ou en calquera outro momento (eu fíxeno no coche), xa que os sete temas que forman o conxunto (que mágoa que non sexan máis!) son amenos, pracenteiros e variados. Así poderemos escoitar a Ugia Pedreira, Pulpiño Viascón, García MC, Ico, Manolo Maseda, Coraile Yap Chine, Cata Prado, Teruca e  Xurxo Souto, ademais de Antón Reixa.
Non sei se o libro pasou desapercibido como me ocorreu a min. Sempre a tempo de emendar erros, permitídeme que volo recomende. Ideal para os últimos cursos do cole e 1º da ESO, coido.

Comentarios pechados