Menu Xerais

O libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas, esgótase un mes despois de ser editado

Logo dun mes de ser editado, o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, esgotou a súa primeira edición, confirmando unha aceptación excepcional por parte dos lectores e lectoras. Nestes momentos Xerais está a imprimir a segunda edición deste poemario tan demandado. Calificado por críticos como Ramón Nicolás como un libro «excelente», que emociona, o seu autor defíneo como un libro de «poesía insurxente», con«páxinas onde a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio».

Nunha entrevista que lle fixo Xesús FragaManuel Rivas asegura que hoxe estamos a vivir unha guerra contra a natureza: «Dentro da historia do crime habería que incluír o maltrato, a violencia catastral. Vivimos na contradición do feitizo e ao mesmo tempo moi esgazados, e a proba é a situación dramática na que a temos situado. Nestes tempos en que hai dramas, pero parece que só os dramas son humanos, estamos asistindo a un drama común: estou a falar do que se chama cambio climático, que para min é un termo neutro, moi brando para o que está a pasar. O que estamos a vivir é unha guerra contra a natureza.»

 

 

Comentarios pechados