Menu Xerais

O mar o e o inagardado nun poemario para o lectorado infantil: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño.

 

Enredando nos versos de sal con «As redes de Inés»

Elvira Riveiro asina este novo poemario para o lectorado máis novo sobre o mar e a descuberta do inagardado

A poesía aparece diante de nós cunha descuberta nova atrapada nas redes da lectura en cada marea e en cada visita. As redes de Inés, novo poemario para lectorado infantil de Elvira Riveiro, editado por Edicións Xerais de Galicia en formato álbum, participa desa condición de procura dos valiosos peixiños que van brillando con cada nova ollada ás nasas sobre a cuberta de palabras deste barco.

Organizado como un poema longo cun fío condutor narrativo, o libro debulla no aspecto argumental o quefacer diario da redeira Inés e as historias que acontecen arredor do seu traballo paciente no peirao. Dentro del atopamos o oficio de anoar as cordas, o vaivén da lanzadeira e a habelencia no manexo dos paus dunha Inés cuxas redes, malia todo, nunca se enredan.

Ler máis

 

 

Comentarios pechados