Menu Xerais

O nacionalismo plural de Luís Soto centrou a presentación do libro de Xurxo Martínez

Manuel Bragado publica hoxe en Brétemas unha crónica da presentación onte en Vigo de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

Sinalárono tanto Xosé González como Xurxo Martínez no acto de presentación de Librouro: «Luís Soto traballou por construír unha arquitectura plural, unha polifonía política que permitise a autoorganización da sociedade en diversos partidos nacionalistas.» Sei que esta primeira e interesantísima biografía sobre Luís Soto, un dos creadores do sindicalismo galego do ensino, unha das figuras do exilio galego, un dos promotores da anticipatoria revista Vieiros, unha das persoas claves na fundación da UPG, un marxista republicán que conciliou co pensamento nacionalista, pon en cuestión moitas das interpretacións que até agora se teñen feito da historia do nacionalismo galego. Unha biografía esencial, documentadísima, desmitificadora, concibida para rehabilitar unha figura clave na historia do galeguismo do século XX inxusta e interesadamente esquecida. Recoméndoa moi vivamente.

Comentarios pechados