Menu Xerais

Os máis vendidos de xaneiro: «O último día de Terranova», «Europa Express», «Escarlatina, a cociñeira defunta» e «O papiro do César»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas. O último día de Terranova, de Manuel Rivas,, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; Europa Express, de Andrea Maceiras, é o libro máis vendido en literatura xuvenil; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en literatura infantil e O papiro do César, o novo álbum de Astérix, o libro máis vendido en Banda Deseñada.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados