Menu Xerais

Os máis vendidos repiten en febreiro: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a cociñeira defunta»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Por segundo mes consecutivo, repiten os tres libros que encabezan os apartados de Narrativa, Xuvenil e Infantil:  O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; Europa Express, de Andrea Maceiras, é o libro máis vendido en literatura xuvenil; e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en literatura infantil.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

Comentarios pechados