Premios AELG 2007
O sábado 26 de abril, en Santiago de Compostela, terá lugar a entrega dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008.
Publicado o 9 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios
O sábado 26 de abril, en Santiago de Compostela, terá lugar a entrega dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008.
Publicado o 8 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios, Teatro
O IGAEM convocou a XVIIª edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e a IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, que o vindeiro ano serán coeditadas polo IGAEM e Xerais dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.
Publicado o 8 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
Dúas das novelas de Xerais Narrativa publicadas o pasado ano foron declaradas finalistas da XVª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente: Cardume de Rexina Vega, na categoría de mellor novela galega, e Terrorista de John Updike, na de novela estranxeira. Un xurado de lectores, formado por alumnos e alumnas de bacharelato de cinco centros de toda Galicia, valorará as obras finalistas.
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Pura Salceda entrevista en Vieiros a Rexina Vega, autora de Cardume, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2007. Reproducimos dous dos parágrafos desta longa entrevista: Pura Salceda: Como lle cambia a un a vida cando é Premio Xerais de Novela? Rexina Vega: Aínda, a tantos meses xa do Premio, non sei ben que contestar. O que me cambiou a vida, no máis fondo, foi o feito de ser quen de publicar unha novela.
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Crónica, Entrevistas, Etnografía, Xerais_nos_medios
Con motivo da recente aparición nas librarías d’ A cultura do pan, A Nosa Terra publica unha interesante entrevista co etnógrafo e escritor Xosé Lois Ripalda.
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Infantil, Sopa de Libros, Traducións
Con Negros e brancos, David Mckee –un dos autores e ilustradores máis recoñecidos internacionalmente– creador do inesquecible personaxe do elefantiño Elmer, volve publicar en galego no catálogo de Xerais.
Publicado o 6 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O señor Lugrís e a negra sombra, a máis recente novela de Luís Rei Núñez, foi a obra gañadora dos Premios da Crítica 2007 na categoría de narrativa. Este galardón, sen dotación económica, concedido pola Asociación Española de Críticos Literarios, recoñece a excelencia dunha novela que, dende a súa aparición na colección Xerais Narrativa o pasado mes de setembro concitara grande interese e apoio dos lectores.
Publicado o 5 Abril, 2008 nas categorías Feiras_do_libro, Noticias, Presentacións
Xerais participa en diversos actos da XXVIIª Feira do Libro de Santiago, que se inaugurou hoxe co pregón de Xurxo Souto e que se celebrará ata o domingo 13 de abril na Alameda. A feira compostelana, que nesta edición, con respecto a anos anteriores, adiantou sensiblemente as súas datas de celebración, abre o programa anual destes certames organizados pola Federación de Libreiros de Galicia.
Publicado o 5 Abril, 2008 nas categorías Catálogos, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Noticias, Xuvenil
Xa se poden descargar no noso espazo web os catálogos 2008, en formato pdf, das coleccións Fóra de Xogo; Merlín; Sopa de Libros, Amancio Amigo, As aventuras de Nunavut e Andavía, ademais do nosas series dirixidas a Primeiros Lectores.
Publicado o 5 Abril, 2008 nas categorías BLG, Teatro
”Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita”, como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas.
Publicado o 4 Abril, 2008 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Xuvenil
Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela.
Publicado o 4 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios_Xerais
O luns día 7 de abril péchase a admisión de orixinais da XXVº Premio Xerais de Novela, da XXIIIº Premio Merlín de Literatura Infantil e do IIIº Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Os premios fallaranse o 7 de xuño de 2008 na illa de San Simón. Tal como establecen as bases, no mes de maio, anunciarase a composición dos tres xurados.