Publicado o 25 Xuño, 2008 nas categorías Adiantos_para_ler, Crónica, Descargas, Presentacións
Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”).
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2008 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
O crítico Xosé Manuel Eyré confesa no seu blog que leu dun tirón As mellores intencións, a novela de Begoña Paz gañadora do premio Centenario do concello de Riveira. “De súpeto, atopeime lendo o capítulo 3, consciente de que a novela de Begoña Paz é desas que non deben pasar desapercibida. Que o formato breve encerra unha historia complexa, fonda, inversamente proporcional ao seu tamaño.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Fervenzas literarias publica unha longa e interesante entrevista con Marcos Calveiro a raíz da presentación en Compostela de Festina lente. Escollemos dous parágrafos significativos do texto.
“Esta novela trata de imprentas, de libros e tamén reflexa o proceso de creación do libro, festina lente, ese bule amodo.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2008 nas categorías Adiantos_para_ler, Crónica, Descargas
Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2008 nas categorías Descargas, Educación, Educación_para_a_cidadanía, Libros_texto_ESO, Programacións_didácticas
Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ética e educación para a cidadanía de 4º de ESO.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2008 nas categorías Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Descargas, Educación, Libros_texto_Bacharelato, Programacións_didácticas
Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de BAC.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2008 nas categorías Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios
Manuel Rivas presentou Os Grouchos nun acto celebrado na Libraría Ler de Santa Comba, no que estivo acompañado do xornalista Xosé Manuel Pereiro. Recollemos as primeiras referencias da presentación publicadas nos medios electrónicos:
“Manuel Rivas reivindica o humor como ferramenta do xornalista” (Galiciae).
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2008 nas categorías Descargas, Educación, Libros_texto_Bacharelato, Programacións_didácticas
Hoxe saíu publicado no DOG o Decreto de currículum do Bacharelato LOE da Consellaría de Educación. Inclúe os currículums de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pode descargarse en pdf aquí.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2008 nas categorías Educación, Educación_para_a_cidadanía, Libros_texto_ESO, Xerais_nos_medios
La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe sobre os manuais de Educación pra a cidadanía para 2º de ESO. O autor da reportaxe dedica un despece ao libro editado por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 21 Xuño, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe.
Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes.
Ler máis →
Publicado o 20 Xuño, 2008 nas categorías Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios
Vieiros faise eco da convocatoria de presentación d’ Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas, que se celebrará o vindeiro luns, 23 de xuño, na Librería Ler de Santa Comba. No acto participarán o autor, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 20 Xuño, 2008 nas categorías Noticias, Xerais_nos_medios
Reproducimos a noticia aparecida no espazo web da AGE sobre a presenza de Xerais na rede:
Edicións Xerais de Galicia, en aras de favorecer unha mellor comunicación cos seus lectores e lectoras, vén de poñer en marcha nos últimos meses dous novos espazos na Rede, que se suman ao completo portal da editorial. Trátase dun blog xeral, http://www.xeraisblog.
Ler máis →