Menu Xerais

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

María Navarro publica no especial de Faro da Cultura dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez unha nova crítica sobre a nosa edición recente de Roseira do teu mencer.

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

A edición impresa d’ A Nosa Terra publica unha entrevista con Xesús Manuel Marcos, o autor d’ A lúa dos Everglades, Premio Terra de Melide 2007. Na entrevista o autor do Caurel fala dos seus próximos proxectos: “Estou traballando nunha tetraloxía, da cal só podo dicir os temas, porque cando adianto cousas así parece que se gafan.

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Isabel Soto pubica en Lg3 unha crítica da nova edición de Roseira do teu mencer, o poemario de Xosé María Álvarez Blázquez que publicamos na colección Merlín.

“Sopa de marsopa”: nace o detective Bilbo Bons

“Sopa de marsopa”: nace o detective Bilbo Bons

Galicia hoxe entrevista á escritora Isabel Freire con motivo da publicación de Sopa de marsopa, a novela infantil na que nace o detective Bilbo Bons. Recollemos un parágrafo da entrevista: “Mais, lonxe dos arquetipos de detectives máis habituais, este personaxe, segundo di a autora, é ‘inxenuo, bondadoso, amigo dos animais e moi curioso, unha curiosidade que o leva a seguir calquera cousa estraña’.

“Os libros de Merlín”, libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria

No noso blog de lingua anunciamos hoxe a aparición d’ Os libros de Merlín, os novos libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria. Pode obterse información completa sobre as súas características aquí.

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía”

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía”

Estes días chega ás librarías Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía, álbum preprado por Alfonso Álvarez Cáccamo. A obra será presentada en Vigo o vindeiro 28 de maio.

Novo blog: Xerais lingua

Novo blog: Xerais lingua

Hoxe abrimos a versión beta dun novo blog da editorial: Xerais lingua. Neste novo espazo publicaremos noticias sobre os nosos materiais da área de lingua e literatura galega, tanto de Primaria, ESO como Bacharelato, así como recursos didácticos d einterese para o profesorado da área.

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

De provincia a nación. Historia do galeguismo político de Justo Beramendi acaba de recibir un novo recoñecemento, neste caso o Premio da Crítica Galicia no apartado de investigación, outorgado pola Fundación Premios da Crítica. O xurado destacou a importancia desta obra polo “pormenorizado estudo da traxectoria do galeguismo político e a proxección e transcendencia da achega do autor”.

“A cidade e os días”, brillante presentación

“A cidade e os días”, brillante presentación

Foi moi brillante o acto de presentación da nosa edición galega d’ A cidade e os días celebrada onte no Museo Marco. En primeiro lugar interviu Manuel Bragado, director da editorial e co-tradutor da obra, xunto a Pablo Sánchez Mato, que glosou a importancia e as características da edición preparada por Xerais e apoiada pola Alcaldía do concello de Vigo.

“Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra”

“Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra”

En Faro da Cultura desta semana Montse Pena Presas publica unha crítica de Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra, o estudo biográfico e literario preparado por Darío Xohán Cabana.

“A cultura do pan”, primeira crítica

“A cultura do pan”, primeira crítica

A cultura do pan, o libro etnográfico de Xosé Lois Ripalda recibiu a súa primeira crítica, preparada por Maruxa Gestoso Álvarez, no Faro da Cultura.

Entrevista a Pilar Freitas

Entrevista a Pilar Freitas

Con motivo da aparición d’ A represión lingüística en Galicia, El País Galicia entrevista á autora da obra, María Pilar Freitas Juvino. A sociolingüista pontevedresa apunta na entrevista que os puntos de partida do seu traballo foron “os estudos xa clásicos de Xesús Alonso Montero e Pilar García Negro, entre outros. A bibliografía de autores galegos está na base, ao igual que os investigadores internacionais.