Menu Xerais

“A cultura do pan”, primeira crítica

“A cultura do pan”, primeira crítica

A cultura do pan, o libro etnográfico de Xosé Lois Ripalda recibiu a súa primeira crítica, preparada por Maruxa Gestoso Álvarez, no Faro da Cultura.

Entrevista a Pilar Freitas

Entrevista a Pilar Freitas

Con motivo da aparición d’ A represión lingüística en Galicia, El País Galicia entrevista á autora da obra, María Pilar Freitas Juvino. A sociolingüista pontevedresa apunta na entrevista que os puntos de partida do seu traballo foron “os estudos xa clásicos de Xesús Alonso Montero e Pilar García Negro, entre outros. A bibliografía de autores galegos está na base, ao igual que os investigadores internacionais.

Presentación “Boas noites” de Paula Carballeira

Presentación “Boas noites” de Paula Carballeira

O sábado, 17 de maio, ás 12,30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo presentaremos o libro e o DVD Boas noites de Paula Carballeira, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. No acto participarán a autora e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. Logo, ás 19,00 horas, no Auditorio Hernán Naval, terá lugar a representación da obra a cargo da compañía Berrobambán.

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica”

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica”

Irene Pérez Pintos, profesora de lingua e literatura do IES O Castro de Vigo, preparou Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica un material educativo concibido para unha abordaxe integral nas aulas de ensino secundario da figura homenaxeada este 17 de maio. A unidade didáctica organízase en seis grandes apartados: A historia de Xosé María Álvarez Blázquez e de todos nós.

Atracción total

Atracción total

Esta semana poñemos á venda Atracción total, o novo libro de microrrelatos de Carme Blanco. O libro será presentado o vindeiro 24 de maio, ás 12:00 horas na Feira do Libro de Lugo, coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme. Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrrelato e do relato de relatos.

Reedición de “Os negocios do señor Gato”

Reedición de “Os negocios do señor Gato”

Chegou ás nosas máns os primeiros exemplares da reedición, na colección Sopa de Libros, do fermoso libro Os negocios do señor Gato de Gianni Rodari, traducido ao galego por Silvia Gaspar. ¿Pode haber algo máis suculento ca un rato en lata? É o que o serñor Gato pretende vender na súa flamante tenda de alimentación.

Rede Lectura

Rede Lectura

Atopamos no blog Rede Lectura, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, varios comentarios de lectores recomendando libros infantís e xuvenís editados pola editorial. Estes son os casos de Así comezou todo, o libro de Jürg Schubiger (recente premio Andersen) traducido por Patricia Buján; Cartas de amor de Fran Alonso; Negros e brancos de David Mckee e Minimaladas de Carlos López Gómez e David Pintor.

Presentación “A cidade e os días”

Presentación “A cidade e os días”

O sábado, 10 de maio, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Marco (príncipe 54) de Vigo presentaremos a nosa edición d’ A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez .

Novas críticas no “Faro da Cultura”

Francisco Martínez Bouzas publica unha nova crítica sobre A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos. Así mesmo, no mesmo espazo de Faro da Cultura hoxe aparecen os textos de Dorinda Castro Soliño sobre Diario dun pai acabado de nacer de Henrique Alvarellos e de Laura Caveiro sobre a tradución d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir.

Novidades para o público pequeno

Novidades para o público pequeno

A Nosa Terra destaca nunha información ás máis recentes novidades infantís da editorial. A eses títulos hai que engadir dous novos merliños, álbums en rústica para os primeiros lectores: Bea de Iván Sende e Bertiño Rompetodo de Ramón Caride e Chus Ferrín. Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena.

Presentación de “Alimentación saudable”

Presentación de “Alimentación saudable”

O venres, 9 de maio, ás 20,00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase Alimentación saudable de Xulio Astor e Montserrat Astor. No acto participarán Mª José Pérez Mariño (Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Manuel Bragado e os autores.

Presentación de “Limpeza de sangue”

Presentación de “Limpeza de sangue”

O día 8 de maio, xoves, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo presentarase Limpeza de sangue, a obra pola que Rubén Ruibal mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática. No acto participarán o autor, acompañado por Xaime Pena e Manuel Bragado. Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005.