Menu Xerais

Marcos Abalde Covelo: «Este poemario pretende reivindicar os derrotados como esperanza para mudar as inxustizas». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Alcatrán»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Marcos Abalde Covelo sobre o libro: Alcatrán, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, 2020 A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Alberto Varela: «Galicia converteuse nun escenario máis na Segunda Guerra Mundial, con intereses aliados e nazis en conflito». Entrevista en «Radio Xallas» sobre: «Wolfram»

O programa Na Encrucillada, de Radio Xallas, emitiu unha entrevista co ilustrador Alberto Varela sobre o libro: Wolfram. Espías, nazis e maquis, publicado por Xerais na colección Cómics. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Carlos Negro, entre o misterio e o terror: «Non cantan paxaros neste bosque». Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo   Carlos Negro, entre o misterio e o terror: «Non cantan paxaros neste bosque»   Pois xa temos a Carlos Negro tamén como ficcionador porsístico. En realidade, a súa estrea narrativa non é esta.

Presentación en Ribeira de “Celada” de Antonio Piñeiro

O venres 30  de abril de 2021, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Ribeira, terá lugar a presentación da novela Celada de Antonio Piñeiro, obra gañadora do VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Para asistir ao acto é necesario reservar no correo culturaefestexos@ribeira.gal Colaboran: Deputación da Coruña, Asociación Barbantia e La Voz de Galicia.

Sinaturas na Feira do Libro de Compostela 2021

Do 8 ao 17 de maio, no Paseo Central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021 Día 8 de maio,  sábado 18:00 h.: Yolanda Castaño asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias Día 9 de maio,  domingo 19:00 h.: Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque 20:00 h.: Manuel Gago asinará exemplares de Nus Día 11 de maio,  martes 20:00 h.

Presentación do libro “Narrativa e imaxinario nacional…” de Mario Regueira

O día 28 de abril, quarta-feira, 18h00 (ás 19:00 horas galegas), via Zoom: Apresentação do livro Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966), de Mario Regueira. No acto, organizado pola UNICEPE, cooperativa livreira do Porto, participará Arturo Casas, que orientou a tese de doutoramento de Mario Regueira e o autor.     Entrar na reunião Zoom https://us02web.zoom.

Un amoado de historias e fabulacións que se le con pracer: «As illas dos deuses», de Serafín Parcero. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: As illas dos deuses, de Serafín Parcero, publicada por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xurxo Souto: «Na cidade-barco da Coruña vivimos o `punkismo´ máxico; non nos falan do mar, pero o mar bate con nós dunha forma moi vehemente». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «O retorno dos homes mariños»

O programa Zig Zag Diario, da Televisión de Galicia, emitiu unha entrevista co escritor Xurxo Souto sobre o libro: O retorno dos homes mariños, publicado por Xerais na colección Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Fiel e honesto retrato biográfico: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia chea de mentiras que mantén en alerta ao lector ata a última páxina: «A afogada», de Rocío Leira. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: A afogada, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Coidadora», de María Marco. Unha obra singular, suxestiva e atrevida sobre a tensión e a angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes.

Coidadora, de María Marco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2020. A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras.