Menu Xerais

Eva Mejuto: «O libro busca darlle protagonismo a unhas mulleres que fixeron un traballo espectacular para a humanidade» Entrevista no «Diario Cultural» sobre o libro: «Memoria do silencio»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Eva Mejuto sobre o libro: Memoria do silencio.  O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha boa e áxil lectura dunha das voces máis importantes do panorama galego de literatura xuvenil.: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Anotación no blog: «De perdidos al libro»

Daniel P. publicou no seu blog, De perdidos al libro, unha anotación sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro recibiu o Premio Lazarillo 2017 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2018 – Premio Fervenzas Literarias á Mellor capa de LIX do 2018, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Chus Nogueira: «Xela Arias renovou a poesía galega cara unhas direccións que non se estaba innovando naquel momento». Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa crítica literaria Chus Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Unha novela que consegue turrar do lector ata as derradeiras páxinas: «A chave das noces», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: A chave das noces, de Xabier P. DoCampo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antón Reixa: «O accidente foi unha sorte de hostia a tempo que non ven mal». Noticia sobre a presentación en Madrid de: «Michigan / Acaso Michigan»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha noticia sobre a presentación do libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa, no Círculo de Bellas Artes de Madrid. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-1979″ de Xulio Carballo

O venres 8 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Alita Cómics, rúa Orzán 94, A Coruña, terá lugar a presentación de Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-1979 de Xulio Carballo. No acto participarán Pepe Barro e Xulio Carballo.

Suso de Toro: «Este libro está narrado desde a experiencia, tratando de explicar que cousa é a literatura». Entrevista no xornal «El Correo Gallego» sobre: «Dentro da literatura»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Manolo Fraga ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Dentro da literatura, publicado por Xerais na colección Ensaio. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un achegamento á figura de Fraguas susceptible de múltiples lecturas: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», de Héctor Cajaraville. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.   Antonio Fraguas.

Pablo L. Orosa: «A novela é unha reflexión sobre os silencios como parte do que somos». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Pablo L. Orosa sobre o libro: Fálame do silencio, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Praza Pública). Pablo L. Orosa: “Unha das teimas da novela é reivindicar os nosos espazos como territorio de ficción” A Daniel Gluckmann privárao a súa propia familia, decidindo por el, da memoria do seu avó Manuel.

A escritora Rosa Aneiros recibe en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Eva Mejuto: «En canto coñecín a historia destas heroínas que non se quixeron colgar medallas, pensei nun proxecto literario». Entrevista no Diario de Pontevedra sobre: «Memoria do silencio»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López con Eva Mejuto sobre o libro: Memoria do silencio, publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O Indiana Jones das corredoiras: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», de Héctor Cajaraville. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Héctor Cajaraville sobre o libro: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.   «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo» Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo é unha das primeiras achegas á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2019.