Menu Xerais

Unha análise moi peculiar e chamativa dun tempo e dun país: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Miguel Robledo: «Este libro permite ver como cada autor versiona o texto con moita variedade de recursos» Entrevista no xornal La Región sobre: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño

O xornal La Región publicou unha entrevista co ilustrador Miguel Robledo sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. Miguel Robledo é un dos corenta ilustradores galegos que participan na obra. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Dentro da literatura” de Suso de Toro

O mércores 6 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Dentro da literatura de Suso de Toro. No acto participarán José Manuel González Herrán, X. Carlos Hidalgo, Fran Alonso e Suso de Toro.

Presentación en Gondomar de “Vivir a galope” de María Xosé Queizán

O venres 1 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas na libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación do libro Vivir a galope de María Xosé Queizán. No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e María Xosé Queizán.

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha poética que segue a ser reivindicada: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Crítica de Alba Cid no Diario Cultural

Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección: Clásicos. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha fabulación que plasma moi ben o medo irracional das sociedades a aquilo que ven de fóra: «Kusuma», de Héctor Cajaraville. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Sánchez Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «Toda viaxe é unha aprendizaxe da soedade». Entrevista no Diario Cultural sobre: «As bolboretas do Mekong»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Cesáreo Sánchez Iglesias sobre o libro: As bolboretas do Mekong, publicado por Xerais na colección Poesía. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Compostela de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O xoves 31 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

Novidade: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. A obra poética dunha escritora que ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas

Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

Unha trama detectivesca ao cabo ben levada: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Un home estraño, de Antonio Tizón.

Novidade: «Singamia 1.1», de Ramón Caride. A vertixe dun futuro presente

Singamia 1.1, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos». Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas.