Menu Xerais

“O pequeno señor Paul”

“O pequeno señor Paul”

A vindeira semana chegará ás librarías O pequeno señor Paul, o fermoso libro de relatos de Martin Baltscheit, traducido do alemán por Patricia Buján, onde a lectura é o centro da vida dun entrañable personaxe. O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos os días un tempo á lectura.

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

Manuel Veiga confesou na presentación d’ O profesor de vegliota que escribiu esta novela no límite, na fronteira do que se podía dicir ou do que se podía pensar sobre a cuestión da desaparición da lingua. “Creo que os grandes libros nacen cando o autor explora os límites, cando trata de chegar aos límites e facer as preguntas máis extremas sobre a sociedade e sobre as súas propias ideas e crenzas.

“Os nomes do traidor”, a presentación

“Os nomes do traidor”, a presentación

A presentación d’ Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso, na Feira do libro de Vigo resultou moi concorrida. O libro foi glosado pola xornalista Belén López que comezou a súa intervención recordando que a novela de Xurxo Sierra fora a súa primeira opción cando foi membro do xurado do premio Xerais no ano 2007. “Sóubome a gloria cando a lin, porque reivindico o sentido do humor para a literatura galega.

“Festina lente”, corre a modo

“Festina lente”, corre a modo

Reproducimos, polo seu indubidable interese, a anotación de Cesare sobre a lectura de Festina lente (unha novela que está tendo unha acollida máis que entusiasta entre os lectores): Dime un bo conselleiro: tes que lelo. E entre a viaxe no avión e estas últimas horas alí a vai, unha novela moito máis ca fabulosa: Festina lente, de Marcos S. Calveiro.

“A idade da auga”, por Gonzalo Navaza

“A idade da auga”, por Gonzalo Navaza

O escritor Gonzalo Navaza presentou A idade da auga, o libro de relatos do escocés James R. Salter, escritos en inglés, publicados orixinalmente en galego e ambientados na cidade de Vigo.

Entrevista a Manuel Veiga

Entrevista a Manuel Veiga

Faro da cultura publica unha longa entrevista con Manuel Veiga, a raíz da presentación d’ O profesor de vegliota, que terá lugar o sábado 5 de xullo na Feira do libro de Vigo. Premendo sobre a imaxe, pode lerse u imprimirse o texto.

Suso de Toro presentou “Outra Galiza”

Suso de Toro presentou “Outra Galiza”

Suso de Toro presentou Outra Galiza nun acto celebrado no Club Internacional de Prensa de Santiago no que estivo acompañado do editor Manuel Bragado. Recollemos as primeiras referencias publicadas nos medios electrónicos: “Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes” (Galicia hoxe). “A ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (El Correo Gallego). “Suso de Toro.

“Festina lente”, os espazos da novela

Culturagalega.org tivo a feliz idea de acompañar a Marcos Calveiro no percorrido dos espazos composteláns de Festina lente. Un vídeo que moito recomendamos.

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

María Navarro publica no último número de Faro da cultura unha crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o máis recente libro de María Reimóndez na colección Merlín.

Presentación en Noia

Presentación en Noia

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia faise eco do acto de presentación de Veleno tinto de Ramón Carredano e Cazaría salvaxe de Agustín Agra, celebrado o venres, 27 de xuño, nos locais do Liceo de Noia. Ao acto, conducido polo escritor Carlos Mosteiro, asistiron máis dun centenar de persoas.

“Outra Galiza”, roda de prensa

“Outra Galiza”, roda de prensa

O luns, 30 de xuño, ás 12:30, no Club Internacional de Prensa de Santiago, presentarase en roda de prensa Outra Galiza de Suso de Toro. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.

Optativas de Bacharelato

Aquí pode descargarse o decreto que establece a relación de materias optativas de bacharelato, o seu currículum e regula a súa oferta. Como materias optativas de oferta obrigatoria en todas as modalidades de bacharelato aparecen Música (1º), Segunda lingua estranxeira (1º e 2º) e Tecnoloxías da información e comunicación (1º).