Menu Xerais

«Penúltimo dietario», de Neira Vilas: unha achega á literatura do diario

Daniel Salgado publica un artigo no suplemento Luces de El País sobre o xénero diarístico e fala de Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.

Talvez para construír a verdadeira crónica privada das nacións non abonde, como escribira Balzac, coa novela. E aínda que tamén talvez toda literatura sexa ademais testemuño, o campo de batalla da historia, literaria e non, ficaría incompleto sen a escrita restrinxida á etiquera literatura do eu. A este epígrafe poden responder a un tempo a correspondencia postal e o libro de memorias, a narración confesional e o dietario polo miúdo, o diario e o caderno de viaxes. Penúltimo dietario (Xerais, 2011), unha transcrición case literal da axenda de Xosé Neira Vilas, é unha das última achegas ao xénero facturada no mundo editorial galego. Hai máis.

Nel fun rexistrando o máis sobranceiro da nosa andaina dende que asentamos de por vida neste verde e entrañable recanto occidental do continente europeo”, xustifica Neira Vilas (Gres, 1928) nun proemio, en primeira persoa de plural porque inclúe nel á súa dona Anisia Miranda, a edición dun texto en que se suceden congresos, inauguracións, presentacións, plenarios da Academia e actos en escolas ao longo dos 16 anos que transcorren entre o un de xaneiro de 1993 e o 22 de outubro de 2009.

Daniel Salgado

Comentarios pechados