Menu Xerais

Premios Anxel Casal 2012 para varios libros editados por Xerais

O pasado venres falláronse en Compostela os Premios Anxel Casal 2012, no transcurso da VII Noite da Edición, que organiza a Asociación Galega de Editores.

O acto tivo lugar no Hotel AQuinta da Auga, e nel  participaron destacadas autoridades do mundo do libro, a cultura e a política de Galicia.

Durante a celebración proxectáronse dous vídeos dedicados á memoria de Isaac Díaz Pardo, que fora presidente de honra dos editores galegos, e mais á do editor Carlos Casares.

A noticia dos premios, recollida polos medios de comunicación, pode lerse tamén na páxina web da AGE.

 

Edicións Xerais de Galicia recibiu varios premios:

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2011, Non hai noite tan longa, de AAgustín Fernández Paz.

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano 2011, Poesía completa, de Loís Pereiro.

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do ano 2011, Sonetos de Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo.

Así mesmo, o autor galardonado co  Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011 foi Xavier Queipo.

 

 

Comentarios pechados