Os premios en directo

A emisión dende a Illa de San Simón comeza ás 19:00 horas (GTM+1) do sábado 7 de xuño e ten previsto o seu remate para as 20:15 horas (GTM+1).

Conduce a cerimonia Celia Torres, directora de promoción e prensa de Xerais.

No acto, que se desenvolve no auditorio multiusos, participan trescentas persoas do ámbito da cultura galega.

×Emitimos dende a Illa de San Simón

Na cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2014 coñeceranse as obras gañadoras da XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e da XXXI do Premio Xerais de Novela e da VI do Premio Jules Verne. No acto literario participan como mantedor o escritor Xavier Senín e como músicos convidados Puntada sen fío.