Menu Xerais

Presentación de “As palabras do silencio” de Ánxela Gracián en Compostela

O xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro As palabras do silencio de Ánxela Gracián.

O acto contará coa participación de Manuel Bragado,  Ánxela Gracián,  e os chineses Ye Wang e Lu Xu que farán unha dramatización da lenda orixinal do Qu Xi en chinés e galego.

Durante os catro xoves seguintes (21 e 28 de novembro e 5 e 12 de decembro) terá lugar, de 17.30 a 19 horas, o obradoiro literario infantil “Primeiro fun cartón agora son dragón” impartido pola autora do álbum, dirixido a nen@s entre 4 e 8 anos.

Comentarios pechados