Menu Xerais

Presentación en Carballo de “Contra a morte das linguas” de Miguel Moreira Barbeito

O sábado, 15 de novembro, ás 19:00 horas, na librería Brañas, Doutor Fleming, 43-45 de Carballo, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito.

O acto, organizado pola Asociación Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte e a librería Brañas, contará coa participación de Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da MESA, Paco Souto, en representación de Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte e o autor.

Comentarios pechados