Menu Xerais

Presentación en Cariño de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 15 de xaneiro de 2016, ás 19:00 horas, no Local Social da Casa do Concello, Avda da Paz, 2 de Cariño, terá lugar a presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto organizada polo Concello de Cariño.

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar. E axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Desta descuberta xurdiu un libro Contos do mar de Irlanda.

Océano para terricolas é unha sesión de iniciación atlántica. Un espectáculo radicalmente interactivo, porque –alén das historias- os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que comeza a arribar a porto.

Até o momento Souto ten realizado unhas oitenta representacións por todo o país. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.  Agora –con humildade e vehemencia- recala (para aprender) en Cariño, capital verdadeira dos sabios do mar.  

Comentarios pechados