Menu Xerais

Presentación en Cornellá de Llobregat de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O sábado, 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto preto da ACG Rosalía de Castro, Frederic Soler, 71, Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

No acto, organizado pola ACG Rosalía de Castro de Cornellá con motivo do 30º aniversario do Certame de Poesía “Rosalía de Castro” e o peche das xornadas culturais 2016, participarán Anxo Angueira e o dúo “2 Na Fronteira”

Comentarios pechados