Menu Xerais

Presentación en Madrid de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O martes, 28 de xuño, ás 19:30 horas, no Círculo de Bellas Artes, Alcalá, 42, Madrid, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

No acto, organizado polo Círculo de Bellas Artes, participarán Antón Patiño,  Mr. David Cooney, embaixador de Irlanda en España e Xurxo Souto.

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible “falta de ignorancia”. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o “terrícola”. Desta descuberta xurdiu un libro, Contos do mar de Irlanda. E tamén este espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.dav

Até o momento ten realizado unhas oitenta representacións por  todo o país, dende a ribeira á montaña. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.

Agora, con humildade e vehemencia, intentará levar até Madrid unhas pingas de Atlántico.  Medre o Mar !

Comentarios pechados