Presentación en Padrón de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira
O mércores, 24 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, Campo do Souto nº 2, de Padrón, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.
O acto, organizado polo Concello de Padrón e Xerais, contará coa participación de Manuel Bragado, Anxo Angueira Viturro, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón. Ao remate da presentación terá lugar un concerto do grupo musical Xardín desordenado.
Comentarios pechados