Menu Xerais

Programación de Xerais no Culturgal 2012

Xerais estará presente no Culturgal 2012, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro. Eis o programa de presentacións, conversas e sinaturas con autores e autoras da editorial.

Venres 30 de novembro:

11:30 horas, Salón: Marcos Calveiro en conversa cun club de lectura escolar do IES de Poio.
12:30 horas, Salón: Marcos Calveiro en conversa cun club de lectura escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
18:00 horas, Salón: Presentación de Sarou/Louzós, con Ramón Caride. A crónica de sucesos na literatura, no xornalismo e na fotografía. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
19:00 horas, Café con Rexina Vega e lectores de Redelibros.
20:00 horas, Conversa de salón: O xornalista, Alberto Ramos falará con Rexina Vega: Dark Butterfly.

 Sábado 1 de decembro:

13:00 horas, Salón: Presentación d’ Os fillos de mar, de Pedro Feijoo. Unha historia de misterio na cidade de Vigo. Manuel Bragado e autor. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
17:30 horas, Café con Pedro Feijoo e lectores de Redelibros. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
18:00 horas, Salón: Presentación de Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón Premio Xerais de Novela 2012. Participan: Anxo Angueira e autores. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
20:00 horas, Conversa con salón: “Ciencia-ficción e fantasía en galego”. O xornalista Xosé Manuel Pereiro falará con Manuel Lourenzo González (autor de Atl), Xesús Constenla (autor de 15.724). Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

Domingo 2 de decembro:

13:00h, Conversa de salón: Agustín Fernández Paz cun grupo de lectores de Espazo Lectura.  Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
17:30h, Salón: Lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. Participan Manuel Bragado e o autor. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.
18:00 horas, sinatura no stand de Xerais da triloxía “Dragal” de Elena Gallego.
19:00 horas, Conversa do salón: “Escrita teatral”. A xornalista Belén López falará con Manuel Lourenzo, Teresa González Costa e Teresa Moure.

Deixa un comentario!