Menu Xerais

Querer coñecerse conduce a renacer: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.

 

Da galera á nave de cristal

Dá xenio ler a Xabier Paz pois sempre arroupa con agarimo o seu rexistro literario e con el lévanos aos tempos, ben documentados e espellados con brillantez, da construción dunha galera que sufraga o arcebispo Xelmírez para combater as razzias dos sarracenos.

Neste contexto agroma un conflito onde a suplantación de identidades entre personaxes abre a porta para amosar, desde un ángulo alleo ás conviccións relixiosas, o poder transformador do Camiño. É aí onde a alquimia evidencia o seu poder metáforico: querer coñecerse conduce a renacer, malia que esta vontade veña da vertixe e dos praceres ocultos nunca experimentados pois, ao cabo, estes posibilitan pilotar, por pouco tempo, unha fascinante nave de cristal e non unha galera de madeira.

Ramón Nicolás

Comentarios pechados