Menu Xerais

Radio Fene (Radiofusión) emitirá os días 15 a 30 de decembro o podcast: «Un home estraño», baseado na novela de Antonio Tizón

Radio Fene (Radiofusión) emitirá os días 15 a 30 de decembro de 2020, ás 10.00 e ás 14.30 horas, o podcast: Un home estraño baseado na novela de Antonio Tizón, con guión do mesmo autor. O libro acadou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira e foi publicado por Xerais en 2018.

 

Un home estraño, de Antonio Tizón, en serial radiofónico

Un home estraño é un podcast de 13 capítulos realizado a partir dun guión de Antonio Tizón baseado na novela do mesmo autor e co mesmo título, Un home estraño, que acadou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira e foi publicada por Xerais en 2018. É esta a segunda entrega dunha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador, que non único, da enfermidade mental. A esta serie pertencen así mesmo A antesala luminosa (2015) Os incurábeis (2020), unha obra tamén en proceso de reconversión neste formato (o podcast) inédito na historia da literatura galega.

Este podcast, o de Un home estraño, con música de Miro Casabella, está dirixido na súa adaptación radiofónica por Eugenia Sanmartín, con Xavier Fernández no Control de son, e interpretado por Óscar Gaez, Helga Méndez, Franki Muíño, Luís Pillado e Roger de Flor, coa colaboración especial de Leo Toral e Cándido Barral, e será emitido en directo por Radio Fene (Radiofusión) ás 10 e ás 14:30 horas entre o 15 e o 30 de decembro de 2020.

Comentarios pechados