Menu Xerais

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, Premio Fudación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

Estas son algunhas das observacións apuntadas na recensión: «Grazas aos continuos cambios de voces narrativas e de focalizacion, sabemos incluso cousas que eles mesmos descoñecen e que lles afectan en grande medida. Cada unha das historias persoais do relato encerra unha problemática moi actual: o terrorismo, a inmigración, a violencia de xénero, a guerra, os afectos…».

A recensión pode baixase íntegra en pdf.

Comentarios pechados