Menu Xerais

Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o escritor Pedro Feijoo, que recibiu onte por segunda vez o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, nesta ocasión pola súa novela . Os outros dous gañadores foron Colm Tóibín por O testamento de María e Javier Cercas por El Impostor.

 

Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo

No discurso de aceptación do premio San Clemente, que recibiu por segunda ocasión, o escritor Pedro Feijoo reivindicou o papel esencial dos mestres. Nun acto no que tamén recolleron cadanseu premio Javier Cercas e Colm Tóibín, o autor d’ A memoria da choiva gabou a Suso de Toro («sempre un verdadeiro profesor para min») de quen, confesou, aprendera nos anos oitenta e noventa «na lectura das súas páxinas que outro xeito de facer literatura galega era posible».

A seguir, Feijoo insistiu na importancia da figura dun bo profesor («sei que poucas carreiras arrancan se non hai no comezo un bo mestre detrás, unha boa profesora que nos aprenda como vai o choi este do mundo») e denunciou o duro que foron estes últimos anos para o profesorado desorientado polo «ruido das reformas», «forzado a traballar cunha lei máis parecida a un rodillo que a unha verdadeira inquedanza educativa». Feijoo reclamou «saír en apoio dos nosos mestres» para evitar «a consagración da burocracia sobre a educación» e impedir «o afundimento do noso sistema educativo».

Rematou lembrando de forma agarimoso a Agustín Fernández Paz e convidando ao alumnado a protagonizar o traballo de «volver a poñer en valor a figura do mestre». «Seredes vós os encargados de recuperar e defender a súa valía.»

Aquí pode descargarse en pdf o texto completo do discurso.

  Manuel Bragado

Comentarios pechados