Menu Xerais

Resultados da procura coa palabra: sete caveiras

Elena Gallego: «`Sete caveiras´ é unha novela que en pouco tempo acadou seis edicións en galego». Entrevista na emisora «Onda Cero»

A emisora Onda Cero emitiu unha entrevista coa escritora Elena Gallego Abad na que falou sobre os libros: Sete caveiras e Dragal V. O segredo do dragón, publicados por Xerais. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha pequena selección de novela negra viguesa: “Sete Caveiras”, de Elena Gallego Abad. Reportaxe na revista “Weloversize”

A revista Weloversize publicou unha reportaxe asinada por Beatriz Romero sobre a novela negra viguesa, con mención ao libro: Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Cuarto y mitad de novela negra viguesa   Antes de nada: sí, soy viguesa y sí, estoy haciendo un ejercicio de chovinismo brutal nivel Abel Caballero (¡je!).

«Dragal» e «Sete Caveiras», de Elena Gallego, no proxecto Nespanishbooks do ICEX

Os libros Dragal e Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, forman parte do proxecto Newspanishbooks de Venda de Dereitos no Exterior logo de ser seleccionados polo ICEX.

Presentación en Vilalba de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas , no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, A Voz de Vilalba e Xerais, participarán Moncho Paz e Elena Gallego Abad.

Atrapa o lector desde as primeiras liñas: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.

Unha narración viguesa canónica nas formas e contido: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Crítica de X. A. López Silva

A revista Tempos Novos publicou unha recensión critica de Xosé Antonio López Silva sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Sete caveiras ou a aqueles (non) tan marabillosos anos Semella clara a preponderancia nos últimos tempos do éxito editorial en lingua galega da narrativa de xénero. Unha ollada ás listas dos máis vendidos dos últimos anos constatan a fidelidade do público en particular cara o xénero negro.

Elena Gallego Abad: da novela «Sete Caveiras» á toponimía galega da man do proxecto «Dragal»

A escritora Elena Gallego Abad continúa o seu labor de divulgación para explicar os seus libros aos lectores e lectoras. Por unha banda, a TVG deu conta da presentación de Sete Caveiras, de na Feira do Libro de Pontevedra. Por outra, o xornal El Correo Gallego recolle a iniciativa do proxecto Dragal, que agora chega a  Soutomaior para fomentar o coñecemento da toponimia galega.

Unha novela amable, chea de bondades: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Elena Gallego: «Sete Caveiras mestura a actualidade cos anos da movida»

O programa A Revista da TVG emitiu unha entrevista á escritora Elena Gallego Abad sobre a súa novela Sete Caveiras.

Desde o xornalismo á ficción: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Texto de Marta Rodríguez

Reproducimos o texto que Marta Rodríguez leu na presentación de obre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad na libraría Couceiro de Santiago o pasado 3 de abril, así como este enlace a un podcast do programa O Clube das Nove, de Onda Cero Ourense, que presentaban as propias Marta Rodríguez e Elena Gallego.

Presentación en Moaña de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O venres, 25 de abril, ás 20:30 horas, na Librería O Pontillón, rúa Concepción Arenal, 7 de Moaña,  terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad.

Vigo como pano de fondo: «Sete Caveiras», de Elena Gallego Abad. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.