Menu Xerais

«Sete palabras», de Suso de Toro, será levada ao cine por García Sánchez

A novela Sete palabras, de Suso de Toro, será levada ao cine polo director salmantino José Luis García Sánchez, informou onte El País. Sete palabras, publicada o pasado ano por Xerais, obtivo o Premio da Crítica Galega, e é unha novela que supón unha viaxe ás orixes do escritor coa finalidade de desvelar a súa identidade persoal e familiar.

O proxecto cinematográfico será producido por Roberto Oltra e as localizacións serán decididas en breve. A rodaxe, repartida en oito ou dez semanas, realizarase no 2012. Máis información, aquí.

Comentarios pechados